mércores, 26 de xuño de 2013

FESTAS DE SAN PEDRO EN CANIDO

CARTAZ ANUNCIADOR DAS FESTAS
A Asociación de Veciños de Canido en colaboración cos bares: A Cándida, A Manita, A Nogueira, Baluarte, Gato, Imos Aló, O Canido, O Clavel, OndeBerto, O Rueiro, Rías Altas, e Tapas, organiza o vindeiro sábado 29 de xuño o San Pedro.
O Barrio de Canido volverá vivir con especial intensidade esta festa na que durante toda a xornada os bares aquí citados ofrecerán aos seus clientes un pincho gratuito de churrasco.

Neste día de festa as xentes que se acheguen ao barrio de Canido poderán gozar dunha gran diversidad de actividades para os nenos, o que fará que o Barrio énchase de ruído e cor.

A BANDA DE GAITAS AGARIMO DE CATABIOS.
Durante a sua actuación no Jofre no marco do III Certamen
 de Bandas do día 17 de marzo do 2013
Todo iso amenizado pola Banda de Gaitas Agarimo de Catabois que a partir das 19:00 h. darán un pasarrúas pola zona.

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Canido, esperamos que estas ofertas lúdicas sexan capaces de cativar desde o primeiro momento a todos os socios, veciños e visitantes, posto que a súa popularidade incita e invita a participar e gozar das mesmas.

luns, 24 de xuño de 2013

ROTUNDO ÉXITO DA NOITE MEIGA EN CANIDO

No día máis longo e a noite máis curta do ano, o Barrio de Canido celebrou de forma especial a súa Noite Meiga, onde as sardiñas (malia o seu custo), a queimada e o lume foron os verdadeiros protagonistas.
Centos de persoas saíron á rúa para gozar da música da Agrupación Artística Ferrolana Bohemios, que encheron o local da Asociacion Recreativa e Deportiva de Canido, mentres os bares do barrio preparaban as súas grelladas para asar as sardiñas á beira das súas respectivas terrazas cheas de xente que se reuniron con amigos e familiares á espera da degustación gratuita de sardiñas.
Ás 23,00 h. a Asociación de Veciños de Canido prendeu lume ás fogueiras ante un expectante e multitudinario público que esperaba degustar unha sabrosa e ben elaborada Queimada.

Máis de duascentas persoas achegáronse a tomar o seu caciño de barro de queimada acompañada dun anaco de tarta e bizcocho.
Ritos e tradicións, crenzas e supersticions mesturáronse en Canido durante esta Noite Meiga e máxica na que se comunican o mundo do máis aló co do máis acó, aproveitando este momento para espantar os malos espíritos.
Avelino Castro encargado do conxuro dá sabrosa Queimada, fixo que a moitos se lles abrise de par en par as invisibles portas do outro lado do espello, permitíndolles o acceso a grutas, castelos e palacios encantados, liberándose de prisións e ataduras.
Seres femininos misteriosos saen a dar un vespertino paseo á luz da lúa tentando a algún que outro incauto codicioso a que lles bote a luva; mozas que soñan co galán que as despose.
En definitiva, a noite e o amencer, estiveron dedicado a San Xuan a Noite Meiga. Esperamos que dentro dun ano volvámonos ver nesta noite dos milagres e dos encantos, para volver acceder ao Mundo Máxico aínda que non creamos nos contos.

xoves, 20 de xuño de 2013

A NOITE MEIGA EN CANIDO

CARTAZ ANUNCIADOR DA NOITE MEIGA EN CANIDO
Chegou a noite do San Xoán a Canido. Chea de simbolismos, tradicións e innumerables rituais propios desta noite na que todo vira en torno á glorificación do lume.

A Asociación de Veciños de Canido, co permiso da autoridade competente, polos perigos que conleva sempre o lume e coa colaboración dos bares do Barrio, organiza a Noite de San Xoán 2013.

Unha noite meiga que dará comezo ás 20,00 h. e na que os bares do noso Barrio: A Cándida, A Manita, A Nogueira, Baluarte, Gato, Imos Aló, O Canido, O Clavel, OndeBerto, O Rueiro, Rias Altas e Tapas, organizan xogos populares para o lecer dos nenos e nenas ofrecendo gratuitamente coa consumición sardiñas asadas aos seus clientes.
Ás 22,00 h., prenderase a fogueira dá Asociación de Veciños de Canido ao ritmo da Agrupación Artistica Ferrolana Bohemios e do Grupo de Musica Quadrilha de Campo de Chao e como culminación do Ritual da Noite de San Xuán ás 23,00 h., Queimada Popular, elaborada pola Asociación de Veciños de Canido e bendicida polo tradicional conxuro dá Queimada:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espiritos dás nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos dás menciñeiras. Podres cañotas furadas fogar dous vermes e alimañas. Lume dás Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos. Cheiro dous mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon dá morte, fuciño de sátiro e pe de coello. Pecadora lingua dá mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes. Corpos mutilados dos indecentes. Peidos dos infernais cús, muxido dá mar embravescida. Barriga inutil dá muller solteira. Falar dos gatos que andan a xaneira. Guedella porca dá cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao inferno.

 Fuxiran as bruxas a cabalo dás súas escobas, indose bañar na praia dás areas gordas. ¿Oíde, oíde?. Os ruxidos que dan as que non poiden deixar de queimarse na augardente, quedando as purificadas. E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas. Quedaremos libres dos males dá nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada. Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiqui e agora. Facede cos espritos dos amigos que están fóra. Participen connosco desta queimada.

Chegou a noitiña do San Xuán á Nosa Terra, a noite meiga de tradicións verdadeiras, esta é a noite das lumieiras e de brincar por enriba das fogueiras. Na noitiña do San Xoán as fogueiras alumean esta noite arde Galicia e co lume vanse as meigas. Na noitiña do San Xoán, mentres arden as fogueiras, non hai figas nin meigallos, non hai bruxas nin hai meigas. E nesta noite do San Xoán na Nosa Terra o lume queima os meigallos que hai na aldea, a herbaluisa disposta está para lavarnos na alborada do San Xuán.

Despois do peregrinaxe polos bares do Barrio degustando esa sardiña na que por San Xuán molla o pan, poñeremos rumbo á Rúa Poeta Pérez Parallé, para brincar por riba dá fogueira como acto que culmina o definitivo cumprimento dos nosos propositos e tomar a queimada obtendo asi a protección que necesitamos.

Outra crenza nesta noite de San Xuán que segue viva, sobre todo no mundo rural, é coller nunha tina auga dun manantial e botarlle flores e plantas para ao día seguinte lavarse a cara con esa auga.

O RITO DE SALTAR A FOGEIRA.
Auga que cura os males, ahuyenta o mal de ollo, atrae mocidade e beleza, contendo ademais, virtudes fecundantes. As plantas e flores que utilizamos nesta noite Meiga teñen propiedades curativas ou poden utilizarse como amuletos protectores. Sendo o laurel o simbolo de vitoria que ahuyenta os malos espíritos.

Para rematar, alborozados, empapados dos nosos bos desexos deixemos que noso ser sexa capaz de rezumar e regalar a concordia e luz que conseguimos, polo menos ata a próxima:


NOITE DE SAN XUÁN.
A NOITE MAIS MEIGA. 
Deus te deu, Deus te criou, Deus che saque esta ollada se álguen cha botou.
EU NON CREO NAS MEIGAS, PERO HABELAS. . . HAINAS.

domingo, 2 de xuño de 2013

ENHORABUENA RACING DE FERROL, FELICIDADES

GRAZAS A ESTÉS HOMES O RACING XA ESTÁ EN
SEGUNDA B.

ENHORABUENA RACING DE FERROL, FELICIDADES POLA TÚA VOLTA AO SITIO QUE NUNCA DEBICHES DEIXAR.


Hoxe todo Ferrol vestiuse de verde, convertendo a Malata nunha marea verde que impulsou ao mellor equipo da provincia a SEGUNDA B.

¡OPA FERROL!

Excepcional campaña do Racing de Ferrol, que logrou o obxetivo da tempada ao impoñerse por 1-0 ao Laudio, polo que abandona o inferno da Terceira.
                                      
Máis de 7.000 espectadores presenciaron esa combinación do ataque racinguista que finalizou cun pase de Pablo Rei a Marcos Álvarez, que acabou conseguindo o gol do triunfo.

Ao final desatouse a euforia entre xugadores e afeccionados, que celebraron ao grande o regreso do Racing á Segunda B.                                                                                                                                           

sábado, 1 de xuño de 2013

O BARRIO DE CANIDO CO RACING

A historia do Racing Club de Ferrol, nace en 1919, pola unión de varios clubs dá cidade. Logo de tres tempadas xogando na Terceira División, hoxe sábado 1 de xuño de 2013, tras unha tempada moi traballada os xogadores conseguiron ser Campións no seu grupo a base de loita e esforzo.

O título da liga en terceira, dálles dereito a xogar a promoción a Segunda División B contra o Laudio, a Asociación de Veciños de Canido xunto á afección verde desde o minuto uno, deixarémosnos a alma apoiando ao noso RACING.

Esperamos e desexamos que o esforzo dos xogadores, o alento, a unión de todos os ferrolanos e o apoio da afección devolvan ao RACING á Segunda División B.