mércores, 26 de xuño de 2013

FESTAS DE SAN PEDRO EN CANIDO

CARTAZ ANUNCIADOR DAS FESTAS
A Asociación de Veciños de Canido en colaboración cos bares: A Cándida, A Manita, A Nogueira, Baluarte, Gato, Imos Aló, O Canido, O Clavel, OndeBerto, O Rueiro, Rías Altas, e Tapas, organiza o vindeiro sábado 29 de xuño o San Pedro.
O Barrio de Canido volverá vivir con especial intensidade esta festa na que durante toda a xornada os bares aquí citados ofrecerán aos seus clientes un pincho gratuito de churrasco.

Neste día de festa as xentes que se acheguen ao barrio de Canido poderán gozar dunha gran diversidad de actividades para os nenos, o que fará que o Barrio énchase de ruído e cor.

A BANDA DE GAITAS AGARIMO DE CATABIOS.
Durante a sua actuación no Jofre no marco do III Certamen
 de Bandas do día 17 de marzo do 2013
Todo iso amenizado pola Banda de Gaitas Agarimo de Catabois que a partir das 19:00 h. darán un pasarrúas pola zona.

A Xunta Directiva da Asociación de Veciños de Canido, esperamos que estas ofertas lúdicas sexan capaces de cativar desde o primeiro momento a todos os socios, veciños e visitantes, posto que a súa popularidade incita e invita a participar e gozar das mesmas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario