xoves, 20 de xuño de 2013

A NOITE MEIGA EN CANIDO

CARTAZ ANUNCIADOR DA NOITE MEIGA EN CANIDO
Chegou a noite do San Xoán a Canido. Chea de simbolismos, tradicións e innumerables rituais propios desta noite na que todo vira en torno á glorificación do lume.

A Asociación de Veciños de Canido, co permiso da autoridade competente, polos perigos que conleva sempre o lume e coa colaboración dos bares do Barrio, organiza a Noite de San Xoán 2013.

Unha noite meiga que dará comezo ás 20,00 h. e na que os bares do noso Barrio: A Cándida, A Manita, A Nogueira, Baluarte, Gato, Imos Aló, O Canido, O Clavel, OndeBerto, O Rueiro, Rias Altas e Tapas, organizan xogos populares para o lecer dos nenos e nenas ofrecendo gratuitamente coa consumición sardiñas asadas aos seus clientes.
Ás 22,00 h., prenderase a fogueira dá Asociación de Veciños de Canido ao ritmo da Agrupación Artistica Ferrolana Bohemios e do Grupo de Musica Quadrilha de Campo de Chao e como culminación do Ritual da Noite de San Xuán ás 23,00 h., Queimada Popular, elaborada pola Asociación de Veciños de Canido e bendicida polo tradicional conxuro dá Queimada:

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas. Demos, trasgos e diaños, espiritos dás nevoadas veigas. Corvos, pintigas e meigas, feitizos dás menciñeiras. Podres cañotas furadas fogar dous vermes e alimañas. Lume dás Santas Compañas, mal de ollo, negros meigallos. Cheiro dous mortos, tronos e raios. Oubeo do can, pregon dá morte, fuciño de sátiro e pe de coello. Pecadora lingua dá mala muller casada cun home vello. Averno de Satán e Belcebú, lume dos cadavres ardentes. Corpos mutilados dos indecentes. Peidos dos infernais cús, muxido dá mar embravescida. Barriga inutil dá muller solteira. Falar dos gatos que andan a xaneira. Guedella porca dá cabra mal parida. Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao inferno.

 Fuxiran as bruxas a cabalo dás súas escobas, indose bañar na praia dás areas gordas. ¿Oíde, oíde?. Os ruxidos que dan as que non poiden deixar de queimarse na augardente, quedando as purificadas. E cando este brevaxe baixe polas nosas gorxas. Quedaremos libres dos males dá nosa ialma e de todo embruxamento. Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada. Si é verdade que tendes máis poder que a humana xente, eiqui e agora. Facede cos espritos dos amigos que están fóra. Participen connosco desta queimada.

Chegou a noitiña do San Xuán á Nosa Terra, a noite meiga de tradicións verdadeiras, esta é a noite das lumieiras e de brincar por enriba das fogueiras. Na noitiña do San Xoán as fogueiras alumean esta noite arde Galicia e co lume vanse as meigas. Na noitiña do San Xoán, mentres arden as fogueiras, non hai figas nin meigallos, non hai bruxas nin hai meigas. E nesta noite do San Xoán na Nosa Terra o lume queima os meigallos que hai na aldea, a herbaluisa disposta está para lavarnos na alborada do San Xuán.

Despois do peregrinaxe polos bares do Barrio degustando esa sardiña na que por San Xuán molla o pan, poñeremos rumbo á Rúa Poeta Pérez Parallé, para brincar por riba dá fogueira como acto que culmina o definitivo cumprimento dos nosos propositos e tomar a queimada obtendo asi a protección que necesitamos.

Outra crenza nesta noite de San Xuán que segue viva, sobre todo no mundo rural, é coller nunha tina auga dun manantial e botarlle flores e plantas para ao día seguinte lavarse a cara con esa auga.

O RITO DE SALTAR A FOGEIRA.
Auga que cura os males, ahuyenta o mal de ollo, atrae mocidade e beleza, contendo ademais, virtudes fecundantes. As plantas e flores que utilizamos nesta noite Meiga teñen propiedades curativas ou poden utilizarse como amuletos protectores. Sendo o laurel o simbolo de vitoria que ahuyenta os malos espíritos.

Para rematar, alborozados, empapados dos nosos bos desexos deixemos que noso ser sexa capaz de rezumar e regalar a concordia e luz que conseguimos, polo menos ata a próxima:


NOITE DE SAN XUÁN.
A NOITE MAIS MEIGA. 
Deus te deu, Deus te criou, Deus che saque esta ollada se álguen cha botou.
EU NON CREO NAS MEIGAS, PERO HABELAS. . . HAINAS.

Ningún comentario:

Publicar un comentario