O 25 de xullo é unha data de fondo simbolismo para a nosa personalidade colectiva; é a festa que nos enche de orgullo, que nos da forza para traballar por Galiza: é, en fin, o día da afirmación da nosa Patria. Nesta xornada, a festa mayor de Galiza, a festa de todos os galegos, a Asociación de Veciños, quere convidar a todas as veciñas e veciños de Canido a celebrar a nosa galeguidade.
No Día da Patria Galega festexemos que o noso é un pobo seguro da súa fortaleza e orgulloso de si, con capacidade de seguir medrando e avanzando nestes momentos difíciles, temos que saber fortalecernos para superar os atrancos e perseverar na construcción dun futuro máis próspero.
Comprometámonos a facer máis grande a nosa nación, traballando cada día para mellorar o noso país a partir das nosas sinais de identidade, porque un pobo só pode manter o seu lugar no mundo cando defende e se afirma no propio.
Hoxe, maña e sempre enarboremos os símbolos da nosa identidade, a nosa lengua e a nosa cultura, para reclamar o dereito a existir en pé de igualdade coas demais nacións do mundo, e para celebrar a realidade prometedora que é a Nosa Patria.
Como dixera Castelao: “A realidade actual da noxo; pero non podemos fuxir dela por escrúpulos inútiles, pois para modelar un pobo de barro é preciso luxar as mans. Primeiro ser, despois triunfar. Si no abrante deste día poidéramos voar sobor da nosa terra e percorrela en todas direcións, asistiríamos á maravilla dunha mañan única.
Que a fogeira do esprito siga quentando as vosas vidas e que a foguira do lume nunca deixe de quentar os vosos fogares. Nós temos fe no noso pobo e moi logo o noso pobo terá fe en nos”.
Este tamen é un día para que todas e todos saiamos a rúa a expresa a ledicia de sermos galegos, un día no que a nosa bandeira engalane fiestras e balcóns amosando con orgullo o amor pola Nosa Terra.