mércores, 17 de xullo de 2013

3º ESMORGA GASTRONÓMICA DE CANIDO

O vindeiro sábado día 20 de xullo, a partir das 21,00 h., os bares: A Cándida, A Manita, A Nogueira, Imos Aló, O Clavel, OndeBerto, O Rueiro, Rías Altas e Tapas, ofrecerán aos seus clientes tapas de mexillóns a 1 €.

Tamén a partir das 21,00 h. na praza do Cruceiro de Canido actuación da  FORMACIÓN ROSAS que deleitaran a todos os asistentes cun programa titulado ROSAS PARA GALICIA que interpretado por: Julia Dopico (Bandurra), Daniel Adzemian (Guitarra) e José L. Mera (Recitador poético), ofreceran o seguinte programa:  HABANERA AURORA (J. Arriola). UNHA NOITE NA EIRA DO TRIGO (Curros & X. Montes). A VIRXE DE GUADALUPE ( Popular & Rio Parada). OS TEUS OLLOS (Curros & Chané). MUIÑEIRAS (Popular). LELA (Castelao & J. V. Alvite). O VOSO GALO COMADRE (Popular & M. Groba). NOUTURNIO (Curros & A. de la Torre). CANCIÓN GALEGA. LONXE DA TERRIÑA (Aureliano J. Pereira & X. Montes). NEGRA SOMBRA (Rosalia & X. Montes). PARA TI... MEU QUERIDIÑO (Julia Dopico) e MUIÑEIRA DE CHANTADA (Popular).

A Asociación Cultural Brigantina, presenta unha novedosa formación ROSAS fundada por Julia María Dopico Vale.

Dita formación escomenza a súa andaina no ano 1998, nun espazo musical aberto polo Centro Comercial Cuatro Caminos de A Coruña, nun programa emitido por distintas emisoras de radio. Dende este momento fan concertos por toda a nosa xeografia galega, tanto en teatros, auditorios, centros civicos...

ROSAS é invitado a poñer música nas inauguracións de diversos pintores galegos.

No ano 2006 son os invitados de honra con motivo da celebración do acto "POESÍA VIVA, POESÍA PURA", organizado pola Asociación Cultural Valle Inclán co motivo da 25ª edición do "PREMIO ESQUIO DE POESIA, UN REFERENTE NA CULTURA GALEGA", na Agolada (Pontevedra) presentando temas adaptados para os dous instrumentos de Marcial del Adalid asi como de outros compositores galegos.

No ano 2010, estrean o montaxe "MUSICA PARA A NOSTALXIA" presentando un programa de corte popular e de gran riqueza expresiva e melódica con adhesións de Corin Diego Cervero (Pintora), e unhos textos de Julia Uceda Valiente (Poeta e Premio Nacional de Poesia 2003), Eva Veiga (Poeta) e J.M. Charlón (Critico de Música). Acompañada dun reportaxe de imaxes inéditas.

No ano 2012 presentan un montaxe inédito "ROSAS PARA GALICIA" cunha recopilación de temas de música galega de autor e tamén de música popular versionada para os seus instrumentos. Tamén neste caso presentan un reportaxe inédito dos escritores e músicos. Contan coa colaboración de José Luis Mera Castro que recitará os poemas.

Realizase un cd cos comentarios de Elisa Moscoso (Catedrática de Linguaxe Musical), Juan Durán (Compositor), Xoan Rubia (Cantautor) e o diseño da portada Rafel Úbeda (Pintor).

Neste montaxe cabe sinalar o estreo absoluto da obra "AURORA" do compositor ferrolán José Arriola na adaptación para estes instrumentos.

A Asociación Cultural Brigantia ROSAS, está inscrita no programa FERROL ESCENA, do Concello de Ferrol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario