mércores, 22 de maio de 2013

FESTAS DOS MAIOS EN CANIDO 2013







Un ano máis o Barrio de Canido celebrou a Festa dos Maios.
Neste post, publicamos o reportaxe gráfico de Paloma Blanco Fernández, profesora de inglés. 












Flores, fiúnchos, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, materiais habituais para a confección dos Maios.













Maio ven de Maia (nai de Mercurio), a deusa romana da fertilidade, a castidade e a saúde, o seu templo estaba decorado con flores e plantas.
















Estes ritos que se perden no fondo dos tempos, chegan á nosa cultura cun pouso ancestral significativo. Nesta ocasión, na rúa Alonso López "REIVINDICATIVO".















A festa do Maio foi revestida no século VI dun contido cristián asimilando a árbore ao madeiro da Cruz. De aí que moitas veces os Maios leven cruces. Coma nas demais festas cristiáns na véspera da Santa Cruz prodúcese o ataque do Mal, por iso pídese pola protección dos animais e das colleitas do campo.













Festexamos a entrada do agomar da natureza cos Maios; árbores de xestas, plantas, flores e ovos, que son signos do renacer da natureza nas plantas e nos animais. Os mozos e mozas cubertos de ramallos de flores cantaban coplas satíricas.















Na Galicia, para preservarnos do olor do mal, colocamos pólas de xesta en flor nas portas das casas, nas cancelas, agora, nos tractores e nos coches.















A costume de colocar pólas de xesta nas portas da casa e da corte, nas ventas, carros, leiras e barcas, era para protexer a casa, a xente que vive nela e as súas propiedades.













Antiguamente era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo, que consistía nunha presada de castañas maiolas, noces, ou abelás, sustituído hoxe por diñeiro.









Animados polo bo día, Canido estivo concurrido todos estes días de festa por xente chegada dos alrededores dando colorido ao barrio e enchendo as terrazas.

xoves, 9 de maio de 2013

PROPOSTAS PRESENTADAS PO LA ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CANIDO.

CASA DO PATIN
O pasado 29 de abril, a Asociación de Veciños de Canido presentóu ante a Concelleria delegada de Barrios as seguintes necesidades para que canto antes se lles de solución:

Aparcadoiros de Minusválidos. Urxe un nas proximidades de Alonso López, sendo preciso canto antes dotar ao barrio dos que lle corresponda por nº de habitantes. Así como a eliminación de barreiras arquitectónicas.

É preciso que coñezamos cando comenzan as obras correspondentes ao PLAN URBAN en Alonso López.

Urxe poñer limitación de velocidade na Rúa Celso Emilio Ferreiro, colocación de bandas rugosas, asi como habilitar un paso peonil polo lado máis amplo, xa que por esta rúa pasea moita xente maior.

E necesario colocar o obstáculo que impedia pasar con coches dende a Rúa Alonso López para o solar situado detrás das casas da Banca, así mesmo compre adecentar este solar, xa que se atopa nun estado insalubre e perigoso para o uso que ten de aparcadoiro.

Cambiar o sinal a 30 km./h. ao final da Rúa Alegre.

Colocar unha barreira de protección para os nenos que saen correndo a rúa dende o Centro educativo.

Colocación de marquesiñas nas tres paradas da Rúa Poeta Pérez Parallé.

Colocación de bancos na Rúa Poeta Pérez Parallé e no Cruceiro.

Arranxo do Parque Infantil da Rúa Poeta Pérez Parallé, e colocación de unha rede para evitar a perda de balons.

mércores, 8 de maio de 2013

CANIDO TEN VIDA.

ELIA RICO LAGARÓN (Presidenta da Asociación de
Veciños de Canido
Elia Rico Lagarón (Meira, 1949) asumiu o 13 de abril a presidencia da asociación veciñal de Canido. Un lugar no que, asegura, «hai vida de barrio» dende sempre. E non se perdeu.

-¿Cales son os principais obxetivos para a asociación?
-Desde o punto de vista de infraestructuras hai carencias. Hai rúas en mal estado, é importante saber cando van comenzar a rematar as actuacións do Urban... Hai edificios no barrio, como a Casa do Patín, que poderían ser recuperados como inmobles dedicados a servizos... Moitas cousas.

-¿E no eido social?
-Canido, por poboación e idade dos habitantes, tería que ter algún espazo para facer unha primeira asistencia sanitaria pública. Nós, na asociación, facemos algunha tarefa nese sentido, pero consideramos que non é a nosa misión, senón da sanidade pública. Por outra banda, desde o punto de vista das tradicións, estamos intentando dinamizar o barrio con festas propias, como é o caso dos Maios, ou outras que vamos por en marcha, como o San Xoán. Queremos que a xente participe.

-¿Hai un auxe en Canido?
-Era un barrio moi descoñecido que ten moitas cousas bonitas, moito verde. Tamén e verdade qué houbo actuacións urbanísticas agresivas coa maneira de ser do barrio, pero tamén se conservou a arquitectura propia. E iso é positivo.

-¿En Canido hai vida de barrio?
-Si. En Canido hai vida de barrio, sempre a houbo en non morreu. Cos seus altibaixos, pero sempre houbo unha relación moi especial entre veciños, vida comunitaria.

-Foi concelleira co BNG. ¿Como valora agora estar ao frente dunha asociación veciñal?
-Pois estás enclavada nun barrio e vives as súas virtudes e os seus defectos. E, como presidenta, estás en función do que reclama a xente do barrio. A asociación presta un servizo. Pero eu teño claro que a política tamén ten que estar para prestar servizo público.

xoves, 2 de maio de 2013

REPORTAXE GRAFICO

MARÍA LUISA LÓPEZ LAGO
ANGELES SANTALLA DOPICO
MARY CREGO RODRÍGUEZ
MARÍA CARMEN PITA CASTRO

LOLI MENCHACA NOVO

Mª ANGELES PERNAS GARCÍA

ENCARNA BUYO BASTIDA


MAXIMINA REY AMENEIRO

MARGARITA SERRANO CORRAL


INES LÓPEZ FERNANDEZ


MERCEDES NUÑEZ MILLE
Obras expostas na Asociacion de Veciños de Canido.
Durante estes días de Festa, a Asociación acolle unha exposición de cadros pintados por socias que durante varios meses asistiron a cursos de pintura impartidos polo pintor JUAN JOSÉ PIÑÓN BOUZA.
A Festa continua o vindeiro venres, xa co Cruceiro de Canido adornado e a Orquesta ARAMIO amenizando a verbena.
O sábado, de novo ás 10,30 h. da maña o disparo de bpmbas de palenque anunciarán que a Banda VIRXE DA AMARGURA iniciara a súa pasarrúas polo Barrio de Canido, para dende as 12,00 a 15,00 h. tomar o relevo OS XOTAS. A sesión vermú estara amenizada pola orquesta IMPACTO.
O domingo día principal das Festas, pasarrúas con OS XOTAS, exposición dos maios e sesión vermú co trio CHILABA.
Dende aquí, visitantes, amigas e amigos, a pasalo ben, grazas e ata o ano que vén.






CANIDO EN FESTAS

Con puntualidad inglesa, Luís, nesta ocasión exercendo de Fugueteiro de Canido e nun día bastante desapracible e moito frio, ás 10,30 da mañá, achegando o pitillo a medio consumir á mecha da bomba de palenque, anunciaba, que comezaban as Festas en Canido. A potente carga de pólvora e os estruendos, nesta ocasión non espantaron as nubes nin o mal tempo, xa que ata bastante entrada a tarde non se albiscaba melloría na climatoloxía.

Pero isto non foi motivo para que a Agrupación Musical Virxe dá Amargura suspendese o pasarrúas, nin a sesión vermut do trio musical Os dous de Sempre que deleitaron coa súa música ao concorrido Cruceiro de Canido.

Ás 19,00 h. aínda que se apreciaba unha melloría do tempo, a Banda Ferrolá de Música, optaron por ofrecer o seu concerto no local da Sociedade Deportiva de Canido. O público asistente que enchía a sala saíu totalmente satisfeito do programa musical escolleito para a ocasión por D. Narciso Pillo, director desta Banda Ferrolá de Música.

Á vez que as potentes bombas e os foguetes anunciaban o inicio dos festexos, no local social da Asociación de Veciños de Canido, quedaba inaugurada a fantástica exposición de cadros dos alumnos do curso de pintura que impartió o pintor de Canido Juan José Piñón Bouza. Esta mostra reúne once cadros dunhas mozas que malia os seus anos demóstrannos a súa verdadeira vocación de pintor. Esta exposición continuará exposta para todo ou publico ata ou próximo domingo día 5, en horario de 10,30 a 13,00 e de 16,00 a 19,00.