Un ano máis o Barrio de Canido celebrou a Festa dos Maios.
Neste post, publicamos o reportaxe gráfico de Paloma Blanco Fernández, profesora de inglés.
Flores, fiúnchos, fentos, bugallos, froitos ou mesmo ovos, materiais habituais para a confección dos Maios.
Maio ven de Maia (nai de Mercurio), a deusa romana da fertilidade, a castidade e a saúde, o seu templo estaba decorado con flores e plantas.
Estes ritos que se perden no fondo dos tempos, chegan á nosa cultura cun pouso ancestral significativo. Nesta ocasión, na rúa Alonso López "REIVINDICATIVO".
A festa do Maio foi revestida no século VI dun contido cristián asimilando a árbore ao madeiro da Cruz. De aí que moitas veces os Maios leven cruces. Coma nas demais festas cristiáns na véspera da Santa Cruz prodúcese o ataque do Mal, por iso pídese pola protección dos animais e das colleitas do campo.
Festexamos a entrada do agomar da natureza cos Maios; árbores de xestas, plantas, flores e ovos, que son signos do renacer da natureza nas plantas e nos animais. Os mozos e mozas cubertos de ramallos de flores cantaban coplas satíricas.
Na Galicia, para preservarnos do olor do mal, colocamos pólas de xesta en flor nas portas das casas, nas cancelas, agora, nos tractores e nos coches.
A costume de colocar pólas de xesta nas portas da casa e da corte, nas ventas, carros, leiras e barcas, era para protexer a casa, a xente que vive nela e as súas propiedades.
Antiguamente era habitual pedir aos asistentes un aguinaldo, que consistía nunha presada de castañas maiolas, noces, ou abelás, sustituído hoxe por diñeiro.
Animados polo bo día, Canido estivo concurrido todos estes días de festa por xente chegada dos alrededores dando colorido ao barrio e enchendo as terrazas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario