Un ano máis, Canido celebra a festas dos Maios. Como cada primavera, o primeiro domingo de Maio o Barrio de Canido con ese caudal de enerxía que o caracteriza ponse en acción para crear ese verdadeiro ritual de colocar ramos, e estruturas recubertas con flores, fiunchos, edras ou espadanas nas portas dás casas.
A orixe destes rituais ven dos pobos máis antiguos de Europa que celebraban a explosión da natureza productiva. Agora mesmo conservan esta tradición en poucos lugares, un deles é o Barrio de Canido, por eso debemos potencialas e protexelas. A nosa terra é moi fermosa, ten luz e tradición polo que temos que disfrutala ben e afondo, sen cortapistas e con ansias de ver, sentir, escoitar e saborear.
Estas festas axudan a amar ou noso pobo, as nosas xentes, ós nosos campos e aos nosos monumentos.
Benvidos a todos ós que vos acerquedes estes días a Canido, xa que e unha boa ocasión para estar un intre cos veciños de todaslas idades e rangos, xa que ou feito de coñecerse, levanos a corrixir en positivo as nosas actitudes cara ós demáis, e tamén asi nos coñeceremos mellor a nós mesmos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario