luns, 29 de abril de 2013

PROGRAMACIÓN DÁS FESTAS DE CANIDO 2013

DÍA 1 DE MAIO:
   Co disparo de bombas de palenque e a apertura de atraccións darase inicio ás Festas.
   A partir das 10,30 h. pasarrúas dá Agrupación Musical VIRXE DÁ AMARGURA.
   Desde as 14,00 h. Actuación do duo musical "OS DOUS DE SEMPRE".
   As 19,00 h. CONCERTO   no Cruceiro de Canido da "BANDA FERROLÁ DE MÚSICA" : Dixida por     D. Narciso Pillo, co seguinte programa:
         

                   Sangre de Artista
J.  Teixidor
                   Oberto
G. Verdi
                   Airiños Aires
G.  Freire
                   Balada Galega
J.   Montes
                   Mozos do Penedo
H.  Cambeses Carrera
                   Unha Noite na Eira do Trigo
J.C. Chane
                   Galicia
R.  Groba

DÍA 3 DE MAIO:
   Disparo de bombas de palenque. A Orquesta Aramio sera a encargada de amenizar a verbena.

DÍA 4 DE MAIO:
   Disparo de bombas de palenque e pasarrúas a cargo dá Agrupación Musical "VIRXE DA AMARGURA"    a partir dás 10,30 h..
   Dende as 12,00 h. as 15,00 h. pasarrúas do grupo "OS XOTAS".

DÍA 5 DE MAIO:
 "FESTA DOS MAIOS".
Co disparo de bombas de palenque  anunciarase o comenzo do día grande dos MAIOS DE CANIDO.
Sesión vermut co trio "CHILABA" e pasarrúas do grupo "OS XOTAS".
As atraccións como peche dás festas desde as 17,00 h. ofreceran aos máis cativos/as prezos populares para que poidan gozar das diferentes atraccións.
Co disparo das últimas bombas de palenque  anunciarase o peche dás Festas de Canido 2013.

A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS DE CANIDO, COLABORA COA ORGANIZACIÓN DESTAS FESTAS


Durante estes días os alumnos do curso de pintura, expoñeran os seus  cadros no local Social da Asociación de Veciños de Canido, na rúa Poeta Pérez Parallé n. 1. Polo que o local manterá as súas portas abertas ao publico que desexen visitar a exposición.

MERECE A PENA

xoves, 25 de abril de 2013

FESTAS EN CANIDO 2013


Un ano máis, Canido celebra a festas dos Maios. Como cada primavera, o primeiro domingo de Maio o Barrio de Canido con ese caudal de enerxía que o caracteriza ponse en acción para crear ese verdadeiro ritual de colocar ramos, e estruturas recubertas con flores, fiunchos, edras ou espadanas nas portas dás casas.
A orixe destes rituais ven dos pobos máis antiguos de Europa que celebraban a explosión da natureza productiva. Agora mesmo conservan esta tradición en poucos lugares, un deles é o Barrio de Canido, por eso debemos potencialas e protexelas. A nosa terra é moi fermosa, ten luz e tradición polo que temos que disfrutala ben e afondo, sen cortapistas e con ansias de ver, sentir, escoitar e saborear.
Estas festas axudan a amar ou noso pobo, as nosas xentes, ós nosos campos e aos nosos monumentos.
Benvidos a todos ós que vos acerquedes estes días a Canido, xa que e unha boa ocasión para estar un intre cos veciños de todaslas idades e rangos, xa que ou feito de coñecerse, levanos a corrixir en positivo as nosas actitudes cara ós demáis, e tamén asi nos coñeceremos mellor a nós mesmos.

venres, 19 de abril de 2013

Elia Rico Lagarón, nova presidenta da Asociación de Veciños de Canido.

O 13 de abril levouse a cabo a renovación da xunta Directiva da Asociación de Veciños do Cruceiro de Canido.

A nova responsable vecinal está disposta a traballar polo barrio, reivindicar todas as intervencións que se precisen para a súa mellora, tanto no que se refire ás infraestructuras, obras e á mellora dos servizos para os seus vecinos e veciñas. Elia Rico cree que non se deben substituir os servizos das administración públicas, senón reclamar que se melloren.

O barrio de Canido goza dunha identidade propia que debemos preservar, potenciar e aportar como riqueza ao común da cidade.

A candidatura, a única presentada e  que saiu elexida da Asemblea Xeral de socios/as, por unanimidade consta dos seguintes membros:

    
      Presidenta:                    
Elia Rico Lagarón
      Vicepresidente:            
Ramón Nicolás Capotillo Leal
      Secretario:                    
Rafael Aguirrebengoa Esnaola
      Vicesecretaria:            
Mª Victoria Evia Vázquez
      Tesoureiro:                  
José Manuel Gómez Vázquez
      Vicetesoureiro:            
Avelino Castro Fernández


      Vogais:                         
Xaime Rei Teixeira

Mª José Ces Rioboo

Antonio Hermida Dopico

Pablo Portero Arnaiz

Serxio Perille Seoane